4.4 C
Lugo
Mié, 17 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Acto de Presentación do 12º número da revista Micolucus

19 de diciembre - 20:00

Acto de Presentación do 12º número da revista Micolucus

Venres día 19 a partir das 20:00 h. no Salón de Actos da Deputación de Lugo no Pazo de San Marcos.

Micolucus é unha publicación naturalista e micolóxica, editada pola Sociedade Micolóxica Lucus.

Contén artigos científicos e divulgativos sobre micoloxía e diversos temas relacionados coa
natureza e o medio ambiente. Distribúese estratexicamente en todo o territorio nacional e
internacionalmente en 18 países de 4 continentes.

O vindeiro venres día 19 de decembro de 2025, ás 20:00 horas a Sociedade Micolóxica Lucus presenta o duodécimo número da revista Micolucus no Salón de Actos da Deputación de Lugo.

Os propios autores dos artigos deste número presentarán brevemente os seus traballos ao
público asistente.

Neste novo número, que será histórico tanto por contidos como por extensión, preséntanse
diversos traballos científicos e divulgativos no eido de disciplinas como a micoloxía, a botánica, a primatoloxía, de diversos proxectos de investigación así como fichas divulgativas da biodiversidade que nos arrodea.

A Deputación de Lugo subvenciona esta publicación.

A entrada é libre e gratuíta.

Entregarase un exemplar da revista a todos os asistentes.

Detalles

  • Fecha: 19 de diciembre
  • Hora:
    20:00
  • Categoría del Evento:

Local