5 C
Lugo
Mar, 23 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Cabalgata de Reis 2026

5 de enero, 2026 - 18:00
Cabalgata de Reis 2026

05 – Xaneiro

O Tenente Alcalde do Concello de Lugo, Rubén Arroxo, e a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, deron a coñecer os pormenores da Cabalgata de Reis deste vindeiro ano 2026.

Percorrido

A edil de Cultura confirmou o percorrido definitivo da cabalgata, que será o habitual, partindo ás 18:00 do Parque da Milagrosa e continuando por Monte Faro e pola avenida da Coruña.

A entrada no recinto histórico será pola Porta de San Fernando e continuará percorrendo as rúas San Fernando e San Marcos, para chegar á praza de Santo Domingo e continuar pola rúa da Raíña, antes de rematar diante do Concello aproximadamente ás 19:30, momento no que os Magos de Oriente recibirán a todas as nenas e nenos que entren no Concello.

Maite Ferreiro explicou que «A cabalgata deste ano está dedicada aos mundos fantásticos e aqueles seres que os habitan».

Trátase de mundos creados na ficción literaria, no cinema, xogos de rol e na tradicion oral.

Historias fantásticas, contos de fadas e maxía dan forma a estes universos ficiticios que non se rixen polas leis da realidade.

Criaturas máxicas e míticas, protagonistas de todas esas historias, elfos, fadas, animais fantásticos dotan de vida a esta extraña caravana.

Melchor, Gaspar e Baltasar contarán con 4 carrozas, unha para cada un deles e outra para poder levar os agasallos de todas as nenos e nenos de Lugo.

As súas carrozas ambientadas na temática desta cabalgata levarán ás súas maxestades ao fondo do mar, aos ceos e máis aló de onde rematan os mapas.

Criaturas fantásticas acompañarán a cada un deles e un vello amigo desta cidade na súa versión máis xigantesca coidará de que non se perdan os agasallos.

A cabalgata contará con 16 espectáculos que inclúen a partipación de máis de 100 actrices, actores e músicas.

Durante o desfile, os paxes reais repartirán máis de 1000 quilos de caramelos, entre todas as nenas e nenos, que se acheguen ao percorrido e, unha vez dentro do Concello, recibirán un dos máis de 2000 cornetes de lambetadas que levarán tamén un pequeno xoguete ou recordo.

Detalles

  • Fecha: 5 de enero, 2026
  • Hora:
    18:00