Concerto de SondeNós e Cantar Delas

O 31 de Xaneiro na Capela de Santa María de Lugo ás 19,30 Cantar Delas organiza un concerto de inverno.
Dirixidas por Fernando Gómez Jácome e acompañadas por Esperanza Iglesias Méndez ao piano e Dalila Regueiro Romero ao violenchelo desenvolveremos un programa con música do Renacemento e do Barroco . Destacamos a estrea da composición Duo Seraphim de Cararina Assandra compositora italiana do S. XVII.
Neste concerto actuará, por primeira vez en Lugo, o sextero vocal SondeNós de Viveiro.
Fundado en 2012, o sexteto vocal SondeNós está formado por Julia Cea (soprano), Rocío Fernández (mezzosoprano), Txemi Jiménez (tenor), Plácido Travieso (tenor e director), Lucas Iglesias (barítono) e Javier Díaz (baixo). Mariña Travieso (percusión) e Teresa López Sancosmed (lectora de textos e presentadora) colaboran habitualmente coa formación.
Son de localidades diferentes (Viveiro, O Vicedo, Lugo, A Coruña, Oviedo e Vitoria), mais todos residen en Galiza.
Ensaian normalmente en Viveiro, no Conservatorio de Música, cunha periodicidade mensual.
Do seu repertorio, con obras de épocas e estilos diversos, destacan os arranxos e as pezas de nova creación, sobre textos en lingua galega, dos seus membros Javier Díaz e Plácido Travieso.




























