Concertos, exposicións, cine, fotografía, teatro, danza, Faíscas Culturais, foros, formación e certames no Lugo Cultural / Primavera Cultural da USC no Campus de Lugo.
Programación aberta a toda á cidadanía.

En breve:

Concertos:  XMaseda65, Lina e Lola + Unto Vello, Zeltia Irevire, XianPais + Ulex, Kid Mount + ünder & Diego Flâneur, Sofía Espiñeira, O Xoán e a Coral Lucus Terra IV Ciclo, entre outros.

O XXXII Festival de Teatro Universitario terá lugar en Lugo en abril. A esta cita xa consolidadas no panorama cultural de Galicia hai que engadir o EscaparArte, a estrea da Compañía de Teatro da USC-Lugo coa obra ‘Do marabilloso mundo dos animais: os años’ e a estrea da Compañía Vaites Vaites IV Ciclo coa peza ‘A asemblea das mulleres’.

O programa Faíscas Culturais continúa neste 2026 co obxectivo de prender a reflexión cultural nas aulas da USC e complementar a formación do estudantado a través de intervencións e actividades de carácter cultural. Así, nesta Primavera Cultural manterase a colaboración co Centro Dramático Galego a través da Faísca ‘A sociedade nos anos 40: O neno labrego’ en Lugo. Nos vindeiros meses tamén terán lugar a Faísca ‘A perda’ en Lugo. 

A palabra é tamén protagonista da Primavera Cultural a través de diversos foros nos que se analizan e debaten cuestións de actualidade e alcance, como é o caso dos Encontros de Lúa Chea, impulsados polo colectivo Proxéctate en galego. Outro exemplo é o Microaberto, no que as persoas inscritas poden intervir con monólogos, textos, poemas ou no formato oral no que desexen expresar a súa creatividade. A estas dúas citas do Campus de Lugo, cómpre engadir o xa tradicional Curso de Primavera. 

Finalmente, o Campus de Lugo, continuará un ano máis acollendo as Sesións de Filmoteca do Club Valle-Inclán, e impulsando os certames Findecurta, Videocreación e Paisaxe sonora, cos que promover a creación audiovisual de estudantado e cidadanía no seu conxunto. Ademais do clásico Maratón Fotográfico.

CICLO DE CONCERTOS LUBICÁN

Un total de 8 concertos formarán o Lubicán deste ano con encontros cos músicos e músicas:

10/02/26 Concerto Lubicán Intimo xMaseda65

12:30 Encontro Institutos. Casa do Saber.

20:30 Concerto público xeral con entrada de balde ata completar a cabida do auditorio da Casa do Saber.

25/2/2026 Concerto Lubicán. LINA E LOLA + UNTO VELLO

12:30 Encontro con institutos na Casa do Saber. 

20:15 Concerto. Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio de Veterinaria

3/03/2026 Concerto Lubicán Íntimo: Zeltia Irevire

12:30 Encontro Institutos con Zeltia Acuña na Casa do Saber.

20:30 Concerto no auditorio da Casa do Saber. Aberto a público en xeral, con entrada de balde ata completar cabida.

12/03/2026 Concerto Lubicán Doble: XianPais + Ulex

12:30 Encontro con Ulex na Casa do Saber

20:15 Concerto: Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio de Veterinaria

9/04/2026 Concerto Lubicán Kid Mount e ünder&Diego Flâneur

12:30 Encontro con Institutos. Con Diego Flâneur na Casa do Saber

20:15 Concerto: Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio de Veterinaria

14/04/2026  Concerto Lubicán Íntimo Sofia Espiñeira

20.30 Casa do Saber. Con entrada de balde ata completar cabida. Aberto a toda a cidadanía.

29/04/2026 Concerto Lubicán: O Xoán

12:30 Encontro na Casa do Saber

20:30 Concerto: Praza de Santa María. En caso de condicións climatolóxicas adversas, Auditorio de Veterinaria

19/11/2026 Concerto Lubicán Artista por confirmar

CICLO MÚSICAS A CARÓN DA MOSQUEIRA

Concertos do primeiro semestre, de balde ata completar aforo:

11/04/2026 Orquestra e Coro da USC – Circulo as Artes – 20:30 h

05/05/2026 Coro Lucus Terra do IV Ciclo – Casa do Saber – 20:15 h

ENCONTROS DE LÚA CHEA

26 de febreiro. «A administración Trump: unha nova orden mundial?. «

26 de marzo: «Medios de comunicación: información ou desinformación na era das fake news.»

1 de outubro: «Utopías realizables para o rural galego: O Viso e o Centro de Desenvolvemento Rural dos Ancares. «

28 de outubro: «Producindo alimentos de calidade para xerar mercado. «

Todos eles na Cafetería da EPSE.Os ‘Encontros de Lúa Chea’, un programa de debate sobre cuestións de actualidade organizado polo colectivo universitario Proxéctate en Galego 

MICROABERTO

24 de marzo – 20:00 h. – Facultade de ADE

Envía as túas propostas do 2 ao 21 de marzo

FESTIVAL DE TEATRO UNIVERSITARIO

Do 18 ao 23 de abril

18 EscaparArte

19 Estrea da Compañía de Teatro USC-Lugo. Pazo San Marcos

20-21-22 Actuacións no Auditorio Gustavo Freire

23 Estrea Compañía de Teatro Vaites Vaites IV Ciclo Casa do Saber

ENCONTRO DE DANZA UNIVERSITARIA

Auditorio Fuxan Os Ventos

16 e 17 de abril

20:00 h.

FOTOGRAFÍA

Continúa o traballo do Grupo Fotográfico do campus titorizado por Paula Quiroga; ao longo deste ano presentación dos novos encontros fotográficos.

CERTAMES

FIN DE CURTA

O 8 de maio entregaranse os premios.

Novidade o 10 de abril na Casa do Saber teremos a proxeccións das 10 curtas premiadas polo xurado nestes 10 anos

Inscrición: o prazo será do 6 o 21 de abril

Datas : Do 24 ao 28 de abril

VIDEOCREACION E PAISAXE SONORA

Entrega de premios o 20 de novembro

MARATÓN FOTOGRÁFICO

18 DE OUTUBRO

Entrega martes 5 de novembro.