Os cracks Xosé A. Touriñán e Carlos Blanco estarán o 5 de Maio no Auditorio Municipal Gustavo Freire co primieiro espectáculo que fan xuntos: «Somos criminais»
Temos unha cultura criminal propia? Delinquimos como galegos? Para responder a estas preguntas, dous dos talentos máis prolíficos da comedia en Galicia únense por primeira vez nun espectáculo no que analizan e dramatizan crimes autóctonos en todas as súas variables, desde o crime por arroutada ata o crime por acumulación de mala hostia, pasando polo crime familiar por causa das herdanzas, o asasinato por suxestión ou as orixes do narcotraficante galego. A conclusión é clara: Somos Criminais.
A Illa de Arousa, Vimianzo, Viveiro, Ferrol, Cangas, A Coruña, Vilalba, Lugo, Vilagarcía, As Pontes, Santiago, Vigo, Ourense, Pontevedra, Ponteareas, A Rúa, Burela e Narón son os lugares que Touriñán e Carlos Blanco visitarán neste primeiro semestre de 2018, nunha xira para a que as entradas están xa á venda – Ataquilla-
«Somos criminais»
5 de Maio – 20.30
Auditorio Municipal Gustavo Lugo