Decembro 2019 A exitosa obra de Nacho Carretero «Fariña» – libro e serie de TV – chega a Lugo na versión teatral realizada polo propio Carretero e Xosé A. Touriñán os días venres, 20/12 ás 20.30 e sábado, 21/12 tamén ás 20.30 no Auditorio Municipal Gustavo Freire

A historia do narcotráfico en Galicia nas últimas décadas do pasado século ocorre no escenario coa mesma soltura coa que tivo lugar na realidade. Fariña non permite ao espectador nin acomodarse na butaca. 

O elenco de actores entran e saen da escea meténdose na pel de decenas de personaxes entre situacións familiares: un alcalde corrupto disposto a financiar unha verbena, os veciños máis novos probando a mercancía a escondidas…

De pronto, en escea, escóitase acento colombiano e marroquí. Escóitanse ritmos de percusión e cancións. Escóitanse bromas e bravuconadas. As drogas toman o control: ostentación e subidón enchen o teatro. E, de novo como sucedeu en realidade, aparece a traxedia. En forma de nais, rapaces afundidos e, por fin, operacións policiais.

Todo cabe sobre un escenario que recolle un percorrido fiel por este escuro capítulo da historia de Galicia desde un punto de vista único. Unha viaxe no tempo desde unha óptica próxima, real e familiar, coa sensación final, e a reflexión que o espectador fai ao sair do teatro, chegando a adquirir unha eficacia inédita.

Dirixida por Tito Asorey, conta no seu elenco con Marcos Pereiro, María Vázquez, Sergio Zearreta e Cristina Iglesias, e Xosé A. Touriñán.

Mercar entradas Fariña Lugo  – Ataquilla –