A Apalpadora continúa a percorrer Lugo e provincia
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo promove un ano máis a presenza de tradición propias nas datas de Nadal co espectáculo “A apalpadora”
A filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.
Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia.
Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.
A deputada Iria Castro explicou que “se trata dunha programación que poñemos en marcha por quinto edición consecutivo desde a Vicepresidencia da Deputación e que reforzamos este ano, tratando de dar resposta ao interese cada vez maior das asociacións de nais e pais e das asociacións culturais, especialmente de concellos e parroquias rurais que buscan ofrecer propostas de ocio para estas datas. O espectáculo representarase en centros educativos e espazos culturais de todas as comarcas durante este mes, achegando a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia”
Calendario
Domingo, 22 de decembro
Local Veciñal Amuraxe. Xermade.11.30 horas.
Colexio de Moncelos. Abadín. 13:00 horas
Luns, 23 de decembro
Pazo Xeral Paredes. Portomarín. 12.00 horas.
Casa da Cultura. Burela. 16:30 horas.
Local Social de Castro de Vilaronte. Foz. 18:00 horas.
Venres, 27 de decembro
Multiusos Ponte de Cuñas. Lourenzá. 12:00 horas
Casa da Cultura. Vilalba. 17:00 horas
Salón de Actos Municipal. A Fonsagrada. 20:00 horas
Sábado, 28 de decembro
Centro Sociocultural Friol. 12:00 horas
Colexio de Pías. Lugo. 17:00 horas
Casa da Cultura de Becerreá. 19:30 horas.
Domingo, 29 de decembro
Local Veciñal de Gaioso. Outeiro de Rei. 12.30 horas
Oficina de Turismo de Carballedo. 18:00 horas
Colexio de Louseiro. Sarria. 20.15 horas.
Luns, 30 de decembro
Salón de Actos Cuartel Vello. Taboada. 13:00 horas.
Círculo O Saviñao. 17:30 horas.
Martes, 31 de decembro
Local Veciñal de Carballido. Alfoz. 16:30 horas.