A Apalpadora visitará a provincia de Lugo
Vicepresidencia programa quince encontros da Apalpadora con nenas e nenos en diferentes comarcas

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo poñerá en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e  ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

A narradora Antía Vázquez, acompañada polo músico André Espiñeira, será a encargada de presentar as crianzas esta personaxe e as lendas e ritos
que a rodean e que perviviron na memoria da xente do Courel e do oriente ourensán permitindo que, desde hai algo máis dunha década, asociacións e
colectivos culturais popularizasen a súa figura.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “con esta programación seguimos contribuíndo á dinamización cultural en
distintas concellos” e agradeceu “a colaboración das asociacións de nais e pais que colaboran coa área de Cultura para dispoñer de localizacións
para o espectáculo e difundir a iniciativa”.

Desde o vindeiro xoves, 16 de outubro, e ata o 4 de xaneiro,  a Apalpadora visitará Cospeito, Lugo, Becerreá, Guitiriz, A Pastoriza, O Corgo, Sarria, Cervo, Viveiro, Xermade, O Saviñao, Pantón, Palas de Rei
e Mondoñedo.

O espectáculo

A filla do coñecido Apalpador toma o relevo e baixará das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas.

Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia.  Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

Calendario

Xoves, 16 de decembro
COSPEITO
Anpa Virxe do Monte
10 horas
Instalacións do colexio

LUGO
Anpa Ceip Rosalía de Castro
12:30 horas
Instalacións do colexio

Domingo, 19 de decembro
BECERREÁ
Anpa San Xoán de Becerreá
12:30 horas
Centro Cultural

Martes, 21 de decembro
GUITIRIZ
Anpa Ceip Lagostelle
9:30 horas
Instalacións do colexio

LUGO
Anpa Abella Ceip Casás
12:15 horas
Recinto colexio

Sábado, 25 de decembro
O CORGO
AAVV de Cela “Ponte de Neira”
18 horas
Local social de Cela

Domingo, 26 de decembro
COSPEITO
AC Os Gorriós
16:30 horas
Colexio de Loseiro

Luns, 27 de decembro
CERVO
Asociación San Román Vilaestrofe
17 horas
Pavillón polideportivo de San Román

VIVEIRO
Asociación Centro Comercial Histórico
20 horas
Sala Biblioteca Municipal

Mércores, 29 de decembro
XERMADE
Amuraxe
17 horas
Local da asociación

Luns, 3 de xaneiro
O SAVIÑAO
Anpa CPI DR. López Suárez
17 horas
Auditorio Municipal de Escairón

PANTÓN
Anpa Ceip Monte Baliño
20 horas
Casa da Cultura

Martes, 4 de xaneiro
PALAS DE REI
Anpa Ulloa
12 horas
Casa da Cultura

MONDOÑEDO
Anpa Amolou IES San Rosendo
20 horas
Casa da Xuventude