Xa podes ou podedes presentar candidatura para as residencias artísticas de creación e investigación «Atopémonos Bailando 2023» que impulsadas por Colectivo Glovo Cultura Turismo e Lingua Concello de Lugo e Cultura de Galicia, teñen como sede o Museo Mihl

Data límite 15 de Febreiro de 2023

Para profesionais da danza e do movemento con sede en España ou Portugal.

Obxectivos do programa de residencias:

-Impulsar e apoiar a creación e investigación en danza e artes do movemento de compañías de ámbito galego, nacional e internacional vinculando a Portugal no programa e creando un espazo para a realización de residencias de creación e investigación, con especial atención a creadoras de Galicia.

-Difundir e achegar os procesos de creación en danza contemporánea á  cidadanía a través dunha programación de calidade, diversa, innovadora, internacional, gratuita e a  través de programas de apertura de procesos de creación.

-Crear un espazo de formación e práctica en danza contemporánea mediante a realización de obradoiros destinados a diversos tipos de público.

-Xerar colaboración e traballo en rede de axentes profesionales nacionais e internacionais mediante o intercambio de artistas e información de compañías e proxectos. 

Toda a información en www.atopemonosbailando.com