Actividades para a infancia no Festival Medrando no Nadal 2024.
26, 27, 28 e 29 de decembro no Auditorio Municipal Gustavo Freire con dous pases cada día, ás 17 h e 18:30 horas.

Festival promovido por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.

PROGRAMA:
26, 27, 28, 29 de decembro das 16h ás 19h. «Terra miúda» de Miudiño – Xogo e cultura para naturalizar a infancia . *Para os xogos non hai entrada específica, vai implícita nas entradas dos espectáculos.
 
Espazo de xogo con material natural non estruturado. Utilizando as múltiples posibilidades do material natural non estruturado (pólas, liscos de madeira, pedras, cana…) e todo o beneficio que o seu emprego supón para as creativas cabeciñas da cativada.
 
Artigo subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
 
26 decembro. «O castiñeiro do Apalpador» de Fantoches Baj.
 
Neste espectáculo, creado a partir da tradición popular, un carboeiro que se alimentaba únicamente dos froitos do seu castiñeiro e que as xentes chaman o apalpador, conta aos miúdos porque no Nadal reparte castañas aos nenos e nenas que non teñen nada nas súas barriguiñas.
 
Duración: 50 min. Idade Recomendada: A partir dos 4 anos.
 
27 decembro. «Texturas» de La Curiosa. PREMIO FETÉN 2024 A MELLOR ESPECTÁCULO PARA A PRIMEIRA INFANCIA.
 
Texturas é unha proposta escénica inmersiva para a primeira infancia baseada na experimentación visual e sonora. O espectáculo traslada o concepto de textura, asociado ao tacto, cara aos campos do oído e a vista, e desprega unha experiencia sensorial delicada e envolvente. Texturas envolve ao público nunha experiencia 360º.
 
Duración: 35 minutos. Idade Recomendada: Dos 0 aos 5 anos.
 
Artigo subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
 
28 decembro. «Kl´aa tu canción» de Inspira Teatre
 
Pouco a pouco saio do niño. Ónde estou? Quén son? Con cada son e con cada paso voume facendo máis eu, voume construíndo, e entón podo mirarte máis a ti e aos outros. Unha experiencia visual e sonora a través da voz. Unha viaxe musical cara o descubrimento do mundo.
 
Duración: 35 minutos + 15 min de interacción co público. Idade Recomendada: Dos 0 aos 6 anos.
 
29 decembro. «Maruxiña» de Aurora Artes Escénicas.
 
Maruxiña inspírase no conto clásico de “Polgariña” de Andersen, para relatar unha nova aventura . Un espectáculo en clave cómica, interdisciplinar con música en directo, no que a protagonista investiga o mundo que a rodea, dende que nace nunha hortensia da maceta da señora Lola.
 
Duración: 45 min. Idade Recomendada: A partir dos 4 anos.