Setembro 2019 Chega a Lugo o Ciclo Galego de Teatro Amador con catro representacións teatrais para todos os públicos durante o mes de setembro no auditorio municipal Gustavo Freire. As entradas terán un custo de 2€ e retiraranse no auditorio o día de cada representación.
As representacións serán:
15 de setembro: «Moito ruido e poucas carolas» con Andaravía Teatro (Vedra), adaptación con toques musicais da comedia romántica de Shakespeare.
22 de setembro: » Maitre Pathelin» con Tiruleque Teatro (O Carballiño), comedia con aguda crítica social na que os pobres triunfan sobre os ricos.
28 de setembro: «A mirada das bolboretas» con Lohengrín Teatro (Vigo), contacontos musical para público familiar, unha peza interactiva para divertirse en familia.
29 de setembro: «Opino de que…» con Achádego Teatro (Lugo), comedia que xoga cos medios de comunicación e o opinionismo instaurarado na sociedade actual.
O Ciclo Galego de Teatro Amador está organizado pola Federación Galega de Teatro Afeccionado en colaboración coa Consellería de Cultura, e na que colabora o Concello de Lugo.