Coloquio sobre a convivencia coa creación artística da man de Marga Portomeñe

A artista e artesá Marga Portomeñe guiará este luns 26 de outubro, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, unha charla coloquio sobre a súa experiencia vital como creadora e creativa artística.

Na súa intervención, que se encadra na programación do ciclo Mulleres creativas; organizado ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo, Portomeñe relatará o percorrido que completou para decantarse pola súa actual actividade profesional. 

A actriz , directora, pedagoga e artesá do teatro adentrará ao público no mundo da reconstrucción dos cabezudos que fixo para varias concellos cunha pequena demostración.

As persoas interesadas en asistir como público a esta sesión poden facelo de xeito gratuíto sempre e cando formalicen a súa solicitude previa a través do enderezo de correo electrónico cultura.lugo@usc.es. O aforo é limitado.