Hai libros aos que volvemos unha e outra vez, películas vistas 10 veces que veremos outras 10, fotos que nunca cansamos de mirar para elas e cadros que observamos sen que pasen as horas. Bailes, bicos e apertas que poderíamos repetir ata o infinito. Bosques nos que quedar a vivir. Festivais de danza que podían repetir cada edición o programa e cada edición diríamos «outra vez, por favor…outra vez».
Como nas anteriores edicións, o Festival Cartografía en Movemento, conquistounos de tal xeito coas súas propostas (funcións, obradoiros e domingo alma de cartografía) que sempre chegamos á mesmo punto: repetimos? Qué tal a vindeira finde?
Como cando repetimos un libro, unha película, un baile, un bico, unha aperta… porque ten «eso» que fai que repitamos encantados, «eso» que ten o cartografía.
Fotografías dalgúns dos momentos do festival celebrado no Museo MIHL, Pza do Mercado e distintos recunchos de Lugo con iXa e o Conservatorio de danza de Lugo, Fran Martínez, Paula Quintas, Álvaro Murillo, Clara Ferrão, Premoh`s Cru, Alba Fernández e ‘A alma de Cartografía’.
O Festival está promovido pola asociación cultural 3monos e o Colectivo Glovo. Conta co apoio de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua.