OUTUBRO 2018 7ª edición «surcada» con éxito. Baixo o lema «surcando a cidade» varias compañías profesionais ou amateurs, así como persoas que previamente lles habían mandado as súas propostas á organización e foron aceptadas, interpretaron as súas propostas de danza, performance e teatro en distintos puntos de Lugo deixando, como mínimo, abraiado ao público que alí onde foron as veron: Porta Falsa, Pza Maior, Pza da Constitución, diante da catedral, xardíns do Pazo de San Marcos etc etc
O festival Cartografía en Movemento, a pesar de ser probablemente o festival máis orixinal e innovador de Lugo (e Galicia) é autoxestionado pola Asociación 3monos que ano tras ano dedican os seus esforzos e medios para facelo cada vez máis atractivo e sorprendente. Sen ningunha dúbida é unha cita obrigada no calendario cultural lucense.
Os foteiros de Viva Lugo Belén Cordero, Marcos Loopez – en menor medida – e Adra Paixón estiveron vivindo e fotografiando o Festival.