A compañía lucense Tarabela Creativa, formada por Carmen Conde e Diego Gallego, despide este mesmo mes de decembro no Club Clavicémbalo o espectáculo que tivo en xira os últimos catro anos: “Tabú”. Nunha noite moi especial na que se reúne sobre o escenario o equipo artístico e técnico que fixo o proxecto posible.
Será o próximo 27 de decembro ás 20.30hs e pódese reservar entrada escribindo a club@clavicembalo.com. Prezo da entrada: 8 euros.
Ademais, comezou o pasado 4 de decembro no concello de Sarria, coa colaboración da concellaría de Cultura a residencia artística para os ensaios do seu novo espectáculo “Boa sorte, mala fama”.
Despois de dous anos de investigación, en arquivos e a través de entrevistas por todo o territorio galego e na diáspora, esta obra fala dalgunhas das
caras menos coñecidas da nosa emigración.
Nesta ocasión, o equipo artístico está conformado por Nastasia Zürcher (música ao vivo e espazo sonoro) e Mariña Pena (interpretación actoral), xunto coa
propia Carmen Conde na narración oral, dramaturxia e dirección.
“Boa sorte, mala fama” estrearase no auditorio Gustavo Freire, coa colaboración da área de Cultura do concello de Lugo, o próximo 4 de febreiro de 2024. E conta cos apoios das áreas de Cultura das Deputacións de Lugo e da Coruña.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte