Lugo acollerá 6 residencias artísticas de investigación dentro do ciclo Atopémonos bailando

A área de Cultura consolida o seu apoio ao sector da danza con esta convocatoria que permitirá avanzar na investigación e na creación de proxectos e espectáculos

Maite Ferreiro, concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua presentou xunto con integrantes do  Colectivo Glovo os resultados do proceso selectivo de residencias artísticas e de investigación, que baixo o nome Atopémonos Bailando permitirá ás profesionais de danza e artes do movemento realizar as súas investigacións en Lugo entre os meses de maio e novembro.

En total, presentáronse 153 proxectos, 14 chegados de Portugal, 39 da Galiza e 100 do resto do estado. Os 6 proxectos escollidos realizarán as súas estadías en Lugo entre abril e finais de novembro e cada unha delas rematará coa realización dunha actividade aberta a toda a veciñanza.

Os proxectos escollidos son os seguintes:

·        Clara Marchana e Luís Fernandes – Portugal

·        Carlota Rosón – Galiza

·        Álvaro Murillo – Extremadura

·        Félix Fernández – Galiza

·        Vanesa Aibar – Andalucía

·        Cristina Romero – Galiza

Foto: Gab. Com. Cultura Concello de Lugo

 “Con Atopémonos Bailando desde a área de Cultura do Concello de Lugo consolidamos o noso apoio ao sector da danza facendo fincapé con este proxecto na primeira fase de investigación e creación de espectáculos, xunto cos outros proxectos da cidade como poden ser o Festival Cartografía en Movemento e o Ciclo LED Lugo En Danza”, declarou Maite Ferreiro.

Toda a información pode atoparse na web  do proxecto, http://www.atopemonosbailando.com/