Xa está aquí a terceira edición do ciclo de espectáculos para público infantil e familiar «Tarde e Tardiña», xunto coa programación para público adulto «Versos na Barraca».
Lugo será a capital de verán da cultura galega con espectáculos de música, teatro e narración oral que se poderán desfrutar nas prazas do centro as tardes dos xoves.
«Tarde e Tardiña», ás 18:00 horas na praza Maior, incluirá destacadas propostas da escena galega, estatal e internacional que mesturan o teatro de rúa, a música ou o circense.
As catro noites de «Versos na Barraca», ás 20 horas na praza da Mosqueira, serán presentadas polo director artístico do mesmo, Lois Pérez, canda The Tarracos, formación musical do ciclo liderada por Luis Monsalve. Manuel Rivas, Dores Tembrás, Antón Reixa, (O Hevi) Malandrómeda, Antía Otero, Berta Dávila, Lucía Aldao e María Lado (AldaoLado) son as participantes nesta edición, un ciclo referente na programación cultural galega.
A entrada será gratuíta ata completar a cabida do recinto. «Tarde e tardiña» e «Versos na Barraca» están promovido por Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte