Xa está aquí a programación de nadal e trae unha gran novidade: o Festival de artes escénicas para a primeira infancia. Ademáis de actividades organizadas no Auditorio Municipal Gustavo Freire, no MIHL, ou no Vello Cárcere entre as que se atopan actuacións musicais, obradoiros e contacontos.
«O Nadal é unha data na que debemos traballar tamén para recuperar e promocionar os elementos culturais da nosa terra» indicou a concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, que engadiu «contamos con actividades para difundir entre as nenas e nenos as nosas tradicións, entre as que se atopan obradoiros de panxoliñas no Vello Cárcere, ou o Rancho de Reis Xeitoso, unha actividade xa consolidada na programación do Nadal de cada ano».
A programación do Nadal rematará coa volta da Cabalgata de Reis, que despois de dous anos realizándose de xeito estático debido ás distintas restriccións da pandemia, volverá percorrer as rúas de Lugo na tarde do día 5.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte