Baixo o lema «Cultura contra a barbarie» recadaranse fondos en apoio ao pobo palestino nun evento que contará coas actuacións de Uxía Lambona e a Banda Molona, Trécola Teatro, Paco Nogueiras e o Mago Teto. A gala será conducida por Sara Cruz.
Nun contexto no que o pobo palestino enfronta unha das maiores crises humanitarias da nosa era, a cultura érguese como un poderoso medio para transmitir unha mensaxe de solidariedade e urxencia.
Día tras día, esta comunidade sofre crimes de guerra que ameazan a vida cotiá de milleiros de persoas, incluíndo nenos e nenas. A cultura, entendida como un altofalante das reivindicacións sociais, convértese nun faro de esperanza e resistencia.
Nesta gala solidaria, varias artistas unirán as súas voces e talentos para elevar unha chamada de apoio ao pobo palestino utilizando a arte como ferramenta para transcender fronteiras e construír pontes cara unha conciencia global.
A participación activa da sociedade en eventos culturais como este non só recada fondos vitais, senón que tamén subliña a necesidade apremiante de poñer fin a situación que afecta a toda unha poboación.
Todos os cartos recadados serán destinados a apoiar ás entidades locais sobre terreo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte