Os Microefectos Dramatúrxicos voltan co microteatro ao Club Clavicémbalo de Lugo.
Os pases terán lugar este xoves 5, venres 6 e sábado 7 de xuño nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30.

Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. 

Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace. Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.

O grupo, que cumpriu doce anos de existencia durnate o mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns vinte minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

Pezas:

– Ensaio de melancolía no espello do baño Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Elvira Velasco, Isa Herrero, Raquel López Cendán e María Grandío.

– No tengo ganas de payasadas Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez e Elvira Velasco.

– De bares e outras cousas Escribe e dirixe Anxo Manoel. Interpretan: Isa Herrero, Elvira Velasco, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.

– YogArmageddon Escribe e dirixe Pepe Saavedra. Interpretan: María Grandío, Raquel López Cendán e Anxo Manoel.