A Asociación Escritoras-es Lingua Galega – AELG e Vicepresidencia. Deputación de Lugo está a celebrar o Mes de Rosalía con actividades para homenaxear á nosa escritora máis importante.
O pasado venres, a obra de Rosalía escoitouse nas voces de 22 poetas e da cantautora Paloma Suanzes no Salón de Actos da Deputación de Lugo.
No acto, dirixido por Montserrat González, responsable do Servizo de Normalización Lingüística da Deputación de Lugo, participaron: Xosé Otero, Marica Campo, Tareixa Campo, Adela Figueroa, Ana Mar Fraga, Ana Gamallo, Fernando García, Ánxela Gracián, Chelo Gayoso, Paco Ledo, Dulce María López, Emilia Martínez, Martiño Maseda, Adolfina Mesa, Toño Núñez, Conchita Paz, Luisa Paz, José Pedreira, Ana Rey, Isabel Rodríguez, Xosé Carlos Ulloa e Branca Villar.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte