Semana da danza en Lugo
Lugo ofrece unha primavera máis unha intensa Semana da Danza
Carmen Basadre, María Gil Martínez e Berta Figueras presentaron a programación, que terá lugar do xoves 25 de abril ao 14 de maio
Espectáculos no Auditorio Municipal Gustavo Freire e danza na rúa compoñen esta programación, consolidada no calendario cultural de Lugo

Abril 2019 A programación da VIII Semana da Danza, toda no Auditorio Municipal Gustavo Freire, é a seguinte:

Xoves, 25 de abril

• Ás 12:00 horas, representación didáctica para institutos de Pink Unicorns, con La Macana.
• Ás 18:00 horas, obradoiro para nais, apis e adolescentes con La Macana. Trátase dunha actividade de inmersión artística para familias, aberta a nais, paris, rapaces e rapazas de entre 12 e 18 anos. Precísase convite para particpar, que se repartirán na conserxería do conservatorio de danza a partir do vindeiro martes, 23 de abril.
• Ás 20:30 horas, Pink Unicorns, de La Macana. Nesta creación sóbense a escena un pai e o seu fillo adolescente, O primeiro, un galego de orixe cubano cunha ampla traxectoria como bailarín e, por outro lado, un rapaz de 14 anos, chego de gañas de confrontar a súa perspectiva millenial coa do seu querido pai.

As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños.

Venres, 26 de abril

• Ás 12:30 horas, Olladas no tempo, representación didáctica para institutos. O alumnado de danza contemporánea do conservatorio de danza un grupo de percusión e clarinete do conservatorio de música Xoán Montes presentan un espectáculo de danza con músiva en vivo.
• Ás 20:00 horas, repítese Olladas no tempo, para público en xeral.
Sábado, 27 de abril
• Ás 20:00 horas, espectáculo de baile e música tradicional galega, Entre soños, de Fran Sieira Compañía, cun elenco artístico de 3 bailadores: Fran Sieira, Aida Tarrío e Xisco Feijóo, ao son da música do compositor e músico multidisciplinar Anxo Pintos.

As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños.

Luns, 29 de abril

• Ás 20:30 horas, Fusión en Danza, coa Escola Tradi Oxeito, Victorial Gil Danza&Escena, Escola de Baile Mercedes castro, Escola de Danza Teresa Neri e Escola de Danza Star Dance.

As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños.

Martes, 30 de abril

• Ás 20:00 horas, Encontro de centros de Danza. Trátase dun acto colectivo de conmemoración do Día Internacional da Danza coa participación de divesos centros de ensinanza de danza clásica e contemporánea de Galicia.
Martes, 14 de maio
• Ás 19:30 horas, presentación dos traballos coreográficos sobre Anne Teresa De Keersmaeker, crados polo alumnado do Conservatorio de Danza de Lugo. 

As entradas son de balde ata completar a cabida, agás as sesións de tarde Pink Unicorns e Entre Soños.

Danza na rúa

Como vén sendo habitual, esta programación tamén inclúe espectáculos na rúa, do 23 ao 27 de abril. Participarán a Escola Palimoco Teatro Danza, Star Dance, Tradi Oxeito, Victoria Gil Danza & Escena, Mercedes Castro, e Gravitty, que amosarán á veciñanza esta arte na Praza de Santa María, en diversos puntos da Praza Maior e no Paseo Vila de Foz, no parque Rosalía de Castro.