lugo-sen-mordazas

Abril 2019 Nova tanda de xornadas promovidas por Lugo Sen Mordazas e nas que Viva Lugo ten o gusto de participar xa na primeria sobre medios de comunicación. «A Autoxestión é posible: outros modelos de comunicación, convivencia e alimentación.» Para non perder:

ABRIL

Alternativas aos mass media – Martes 23 de Abril ás 20h.

Mesa redonda que contará coa participación do Novas da Galiza, O Salto Galiza e VivaLugo e que poñerá no foco a necesidade e a dificultade de potenciar aquelas vías de información que non están ao servizo do poder económico.

Caso Scala: Terrorismo de Estado – Mércores 25 de Abril ás 20h.

Próximos ao 1º de Maio, José Cuevas falará en primeira persoa do Caso Scala e como o Estado durante a transición levou a cabo un atentado de falsa bandeira para deslexitimar ao movemento anarcosindicalista, inculpando a tres persoas da CNT e condenándoos a 17 anos de prisión polo incendio provocado na Sala Scala. Entre eles José Cuevas.

MAIO

Racismo Institucional e Leis Mordazas – Xoves 9 de Maio ás 20h.

A xurista de Sos Racismo Galicia falará sobre como a Lei de Seguridade Cidadá (Lei Mordaza) e outras normas vixentes no Estado, colocan nunha situación de especial vulnerabilidade ás persoas migrantes e, máis aínda, ás que se atopan en situación «irregular». Falaremos de dereitos civís vs abusos policiais e racismo institucional.

Nace Pensa Lugo – Luns 13 de Maio ás 19:30h na Libraría Trama.

Presentación dun novo medio local en papel e autoxestionado. Unha nova forma de ollar o mundo.

Soberanía Alimentaria. O cambio de modelo esta nas túas mans – Xoves 16 de Maio ás 20h.

Falaremos de autoxestión, ecoloxismo e soberanía con Santi Cid, labrego en ecolóxico; Víctor Fernández, gandería
de leite en ecolóxico e Sabela Facal, avicultura artesanal.

… E ás 21.45h. Concerto de Punkdereteiras no Vagalume C.S-C.A. (Rúa das Nóreas, 5) para celebrar o aniversario de Lugo Sen Mordazas con cea previa incluída (bocatas veganos). Ata completar aforo.

Okupación en Fraguas: o revivir dun pobo – Xoves 23 de Maio ás 20h.

Experiencias e realidade dun proxecto de ocupación e reconstrución dunha aldea abandonada co obxectivo de repoboar unha zona rural de xeito autoxestionbado e sostible Fraguas Revive. Por isto están actualmente condenadxs a 1 ano e 9 meses de prisión, máis as cuantiosas multas e o custo da demolición das súas casas. En caso de non poder afrontar os gastos ingresarán en prisión 2 anos e 3 meses. @fraguas

Danzar o espazo, crear cidade – Martes 28 de Maio ás 20h.

A asociación lucense 3monos de artes escénicas desenvolverá un obradoiro co público como participante activo, no que empregaranse diferentes espazos -tanto interiores como exteriores- para a danza, cos corpos en movemento como forma de construír outro modelo de cidade.