Entre as novas confirmacións da programación do auditorio Gustavo Freire 2020 está o ciclo Lugo En Danza – LED. Según a concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, “LED é un ciclo de programación e mediación cultural ao redor da danza e das artes do movemento, co que dende a área de cultura tratamos de ofrecer opcións diversas, ampliando o acceso á cultura das veciñas e veciños ao campo da danza contemporánea e as artes do movemento”, que engadiu “cada artista convidada ofrecerá un obradoiro aberto previo á función, e mensualmente realizaranse palestras divulgativas en distintos espazos da cidade”.
Programación Lugo En Danza
– Mercedes máis eu, de Janet Novás e Mercedes Peón. 10 de xaneiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– Up2down, de Traspediante. 7 de febreiro ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– 3 pezas curtas: Novos Creadores, de Alba F. Cotelo, Em.Na, de Colectivo Glovo e Un huevo y cuatro sardinas, de Beatriz del Monte. 7 de marzo ás 20:30 horas no MIHL
– As vacacións máis longas, de Diego M. Buceta. 3 de abril ás 20:30 horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– Leira, de Nova Galega de Danza. 24 de abril horas no Auditorio Municipal Gustavo Freire
– Hara, de Andrés Corchero. 29 de maio ás 20:30 horas no MIHL