Programa do XXVIII Festival de Teatro Universitario

A XXVIII do Festival de Teatro Universitario reúne no auditorio municipal Gustavo Freire de Lugo cinco compañías universitarias do 18 ao 30 de abril no marco dun ciclo no que o público presente poderá participar en coloquios cos actores e actrices ao remate de cada función.

PROGRAMACIÓN

A compañía de teatro USC-Lugo, que dirixe Aarón Navia, abrirá este luns 18, ás 17.00 horas a quenda de representacións do festival de teatro cun ensaio aberto da obra ‘Contos para seren contados’. Inscrición de balde en cultura.lugo@usc.es 

A formación teatral sénior ‘Vaites teatro’, dirixida por Marga Portomeñe  ofrecerá tamén o 18 de abril, a partir das 20.00 horas, no auditorio da Casa do Saber, unha lectura dramatizada nunha sesión aberta ao público que se desenvolverá baixo o título ‘Pintando Cousas’

A formación Teatro El Mayal, da Universidade de León, presentará o martes 19, a partir das 20.30 horas, a obra ‘Petricor’ e ao día seguinte, á mesma hora, o grupo Maricastaña, da Aula de Teatro Universitaria de Ourense, representará a obra ‘O parke do crepúskulo’

O XXVIII Festival de Teatro Universitario de Lugo retomará as funcións o 29 de abril coa estrea do obra ‘Contos para seren contados’, a cargo da compañía de teatro USC-Lugo. 

compañía de teatro USC-Compostela, que dirixe Roberto Salgueiro, botará o venres 30 de abril o pano, a partir das 20.30 horas, ás representacións do certame lugués coa presentación de ‘A casa da forza (2, 52-88)’, que vén de acadar diversos recoñecementos no Festival Internacional de Teatro Mozo (Festum) de Murcia.

O Festival de Teatro Universitario está promovido ao abeiro do convenio Lugo Cultural, que recibe financiamento da USC, Concello de Lugo e Deputación Provincial de Lugo.

ENTRADAS

De balde ata completar aforo, excepto, o ensaio aberto do luns 18, ás 17.00 horas que precisa inscrición previa de balde en cultura.lugo@usc.es