Programación da Mostra de Teatro Clásico de Lugo 2024

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, presentou a XXIV edición da Mostra de Teatro Clásico, que este conta con 10 representacións que encherán o Auditorio Municipal Gustavo Freire durante o mes de marzo

“Quixemos facer unha programación extensa, de calidade e para todos os públicos”, explicou Maite Ferreiro, que engadiu “continuamos a concentrar a mostra no mes de marzo, facilitando a afluencia do público e a difusión da programación de Teatro Clásico”.

A Mostra de Teatro Clásico do 2024 contará tamén cunha importante aposta polas compañías galegas que comezaron a producir obras clásicas. As entradas poderán adquirirse a través do portal entradaslugo.es a 8€ nos espectáculos para público adulto e 3€ os espectáculos para público familiar que teñan lugar no auditorio. 

As persoas en paro, menores de 30, pensionistas e actores e actrices asociadas á AAAG poderán desfrutar dun 30% de desconto. Ademais, poderase comprar un bono que incluirá toda a programación para público adulto a un prezo de 40€.

Programación XXIV Mostra de Teatro Clásico
“Burro” de Ay Teatro. 2 de marzo. 20.30h.

Dramaturxia: Álvaro Tato. Dirección: Yayo Cáceres. Elenco: Carlos Hipólito, Fran García, Iballa Rodríguez, Manuel Lavandera. Idade recomendada: A partir dos 16 anos. Duración: 80 minutos.

Ay Teatro presenta unha traxicomedia con música en directo inspirada nas obras mestras da literatura que xiran en torno ao asno, e protagonizado por un dos actores esenciais da historia do teatro do estado español.

 “Anónimo” de Hilo Producciones. 3 de marzo. 18.30h.

Dramaturxia e dirección: Sandro Cordero. Elenco: Laura Orduña, Enrique Dueñas, Bea Canteli, Sandro Cordero. Idade recomendada: A partir dos 14 anos. Duración: 75 minutos.

La vida de Lazarillo de Tormes.

 «Mañanas de abril y mayo” de Teatro de Malta. 7 de marzo. 20.30h.

Versión: Carolina África. Dirección: Laila Ripoll. Elenco: Pablo Béjar, Guillermo Calero, Jose Ramón Iglesias, Sandra Landín, Juan Carlos Pertusa, Alba Recondo, Nieves Soria e Ana Varela. Idade recomendada: A partir dos 16 anos. Duración: 90 minutos.

Unha deliciosa comedia chea de alegría e vitalidade. Pragada de enredos e confusións, onde se recrea un Madrid verde e florido, bucólico e sensual, no que as parellas de namorados confúndense, evítanse, engánanse, sorpréndense, búscanse, e, ás veces, ata que se atopan. 

 “El perro del hortelano” de Vania Produccions. 8 de marzo. 20.30h.

Versión e dirección: Paco Mir. Elenco: Moncho Sánchez-Diezma, Caqui Montoya, Manolo Monteagudo e Amparo Marín. Idade recomendada: A partir dos 14 anos. Duración: 90 minutos.

O pesadelo que calquera actor ou produtor tivo: chega o día da actuación e a función non se pode facer. Un pesadelo recorrente que no noso caso convírtese en toda unha realidade: por un erro absurdo, a compañía que tiña que representar “El perro del hortelano” vai camiño de Albacete e no teatro só se presentaron dous técnicos que viaxaban pola súa conta, dous técnicos moi predispostos que, con axuda do que atopen polo teatro, comprométense a ofrecerlle ao público a función que viñeron ver.

“Abre el ojo” de Noviembre Compañía de Teatro. 9 de marzo. 20.30h.

Versión e dirección: Eduardo Vasco. Elenco: Rafael Ortiz, Elena Rayos, Alberto Gómez Tabeada, Manuel Pico, Jesús Calvo, Celia Pérez, Mar Calvo, Anna Nácher e Daniel Santos. Idade recomendada: A partir dos 14 anos. Duración: 90 minutos.

“Abre el ojo” de Francisco de Rojas Zorrilla é unha comedia de capa e espada, urbana, pero que se alonxa dos seus precedentes ao presentar unhas personaxes de dubidosa catadura moral que teñen pouco que ver cos habituais tipos do xénero.

“O Crebanoces” de Larraitz Urruzola Producións Artísticas. 10 de marzo. 18.30h. Espectáculo para público familiar.

Dirección: Eduardo R. Cunha e Santi Prego. Elenco: Larraitz Urruzola. Idade recomendada:  A partir dos 4 anos. Duración: 60 minutos.

Un espectáculo inspirado no conto de Hoffmann. No espectáculo emprégase a música que creou Tchaikowsky. O padriño Drosselmeier vainos contar a historia do xoguete que acaba de traer neste Nadal para os seus sobriños, un boneco crebanoces que se enfrontará á Raíña dos Ratos e que nos transportará ao mundo dos contos, onde escoitaremos a suite completa do Crebanoces de Tchaikovsky.

“Julio César” de Companhia do Chapitô. 14 de marzo. 20.30h.

Versión: Creación colectiva da Companhia do Chapitô. Dirección: José C. García e Cláudia Nóvoa. Elenco: Jorge Cruz, Pedro Diogo e Susana Nunes. Idade recomendada: A partir dos 13 anos. Duración: 60 minutos.

Unha creación teatral baseada nos eventos da vida desta personaxe histórica, inmortalizada polos grandes narradores, desde Plutarco a Shakespeare.

“Las bingueras de Eurípides” de Las Niñas de Cádiz. 15 de marzo. 20.30h.

Versión: Ana López Segovia. Dirección: José Troncoso. Elenco: Alejandra López, Teresa Quintero, Mer Lozano, Rocío Segovia, Fernando Cueto, José Troncosos, Jose Carlos Fernández e Ana López Segovia. Idade recomendada: A partir dos 16 anos. Duración: 75 minutos.

Dionisio baixa á Terra en forma de muller para enfrentarse ao “Suasenaguer”, un policía empeñado en pechar un bingo ilegal do barrio, onde se xuntan cada tarde un grupo de mulleres para xogar, pero tamén para compartir as súas intimidades, as súas penas, as súas alegrías, e algunha que outra copiña de anís. Servando, compañeiro de traballo de  “Suasenaguer”, intentará disuadilo das súas intencións, mostrándolle que na vida ás veces hai que ser máis flexible e permisivo. Pero o xove e fanático policía, obsesionado co cumprimento da lei, desoirá os seus consellos, arrastrando a todos a un final tráxico e espeluznante.

“La Toffana” de La Quintana Teatro . 16 de marzo. 20.30h.

5 premios Azahar das Artes Escénicas en Murcia: Mellor espectáculo, dirección, actriz protagonista, iluminación e vestiario.

Texto: Vanesa Montfort. Dirección: Maria Herrero. Elenco: Victoria Teijeiro, Amaranta Munana, Aitor de Kintana e María Herrero. Idade recomendada: A partir dos 14 anos. Duración: 90 minutos.

«La Toffana» é unha montaxe teatral inspirada na historia real de Giulia Toffana, unha controvertida muller que viviu a mediados do século XVII. Na Italia da época só había unha forma de liberarse dun matrimonio opresivo: enviuvar.

Giulia Toffana, alcumada “a envenenadora de maridos”, decidiu axudar a outras mulleres con “matrimonios difíciles” a conseguir a súa liberdade. 

“La Toffana” é unha coproducción co CDG. 

“Esperando a Will” de Egos Petits. 17 de marzo. 18.30h. Espectáculo para público familiar.

Premio ao Mellor espectáculo musical en FETÉN 2022.

Texto: Rubén Montañá e Toni Sans (A partir das obras de W. Shakespeare). Dirección: Toni Sans. Elenco: Anna Alborch, Rubén Montañá e Maria Santallusia. Idade recomendada:  A partir dos 4 anos. Duración: 55 minutos.

Tres clowns —Pústula, Guateque e Muertadehambre—, reuníronse de noite nun lugar solitario para ensaiar unha traxedia escrita por Will, o cuarto membro da compañía, que todavía non chegou. Mentres agardan ao seu amigo, as tres personaxes reflexionarán sobre os temas máis profundos da existencia facendo un retrato da condición humana, mediante a música, o sentido do humor e o teatro dentro do teatro. Tampouco van faltar algúns bailoteos para que quede claro que, ao fin e ao cabo… a vida é unha marabillosa comedia!