Nesta XXIV edición do Festival de Teatro Universitario presentaranse as diferentes propostas de teatro universitario de Ourense, Santiago de Compostela e tamén da provincia de Lugo, que conta cunha fonda tradición teatral, sobre todo no ámbito universitario.
O festival celebrarase dende o 13 ao 21 de marzo no Auditorio Gustavo Freire e a entrada é completamente gratuíta. Os tíckets da obra WK retíranse na Oficina de Cultura situada na Vicerreitoría de Coordinación, máximo 2 por persoa, o día 9 de marzo de 10:00 a 14:00 horas.
Programación
14 de marzo ás 20:30 horas e o 19 de marzo ás 21 horas
Actuación da Compañía de Teatro USC-Lugo da obra WK, dirixida por Paloma Lugilde.
«WK» está baseada en textos de Woyzech, obra inconclusa de Bchner, pero coa estética de Kantor. A formación teatral xurdida da Aula de Teatro da USC no campus lugués fará xa o día anterior un ensaio aberto desta montaxe no mesmo escenario, no que tamén ofrecerá dous pases de balde para o público estudantil. A primeira destas funcións específicas e para as que é preciso inscribirse será o 15 de marzo, a partir das 12.00 horas, mentres que a segunda será o día 19, pero xa en quenda de tarde, a partir das 16.30 horas.
20 de marzo ás 20:30 horas
Actuación da Compañía de Teatro da USC-Santiago de Compostela, da obra Pasar por Nida, dirixida por Roberto Salgueiro.
21 de marzo ás 20:30 horas
Actuación da Compañía de Teatro de Ourense Maricastaña da obra As ondas das pedras do río, dirixida por Fernando Dacosta. Unha interpretación do libro O deus das pequenas cousas, de Arundhati Roy.
Actividades complementarias e formativas
Estas actividades complementarias terán lugar tamén no escenario do auditorio Gustavo Freire, salvo os microproxectos dos alumnos da Escola de Arte Dramático no vestíbulo do edificio e o encontro aberto de Carlota Ferrer, que será na Casa do Saber
Martes 13 de marzo
Ás 20:00 hora terá lugar o ensaio aberto da obra WK, a cargo da Compañía de Teatro da USC – Lugo
Xoves 15 de marzo
Ás 12:00 horas e o luns 19 de marzo ás 16:30 horas terán lugar as funcións escolares de WK, da Compañía de Teatro da USC-Lugo.
Luns 19 de marzo
Ás 19:00 horas a compañía Krijalbo interpretará a obra Club de lectura. Unha dramaturxia dirixida por Félix Brixel. Á mesma hora, os alumnos Raquel Velasco, da ESAD de Vigo, e Cristian Fernández, da ESAD de Galicia, realizarán os microproxectos Búsqueda e Introspectiva, respectivamente.
O Deputado de Turismo, Eduardo Vidal Baamonde, o Concelleiro de Área de Desenvolvemento Sostible e Persoal, Daniel Piñeiro Villares, e a Vicerreitora de Servizos Universitarios do Campus de Lugo, Carmen Silva Domínguez, presentaron o XXIV Festival de Teatro Universitario, na Capela de Santa María, unha nova edición do Festival de Teatro Universitario. Unha iniciativa enmarcada dentro do Lugo Cultural, o convenio de colaboración da Deputación, Concello de Lugo e a USC.