O Vello Cárcere promove un ano máis a campaña #LugoaVersos para encher as redes virtuais e o panóptico de O Vello Cárcere de poesía en galego. 

Co motivo do Día Mundial da Poesía (21 de marzo) a Biblioteca de O Vello Cárcere organiza este proxecto para dar maior visibilidade a este xénero literario, á par que promocionamos a nosa lingua. 

CÓMO PARTICIPAR

A campaña virtual rematará o vindeiro luns día 21 de marzo. Está aberta a tódolos públicos. As seguidoras e os seguidores das redes de O Vello Cárcere poderán participar publicando nos seus perfís un vídeo recitando poesía ou un poema en formato texto acompañado dunha imaxe, e citando a autoría (propia ou non). Todos os vídeos ou imaxes que formen parte desta iniciativa deberán ir acompañados dos cancelos #OVelloCarcere e #LugoaVersos, e etiquetar os perfís de O Vello Cárcere (Facebook, Instagram ou Twitter). 

Como remate final, o domingo día 20, terá lugar o recital de poesía para tódolos públicos no panóptico de O Vello Cárcere ás 18:00h. A inscrición está aberta, ata completar cabida, chamando ao 982 297 195.