Auditorio Gustavo Freire – Sábado 22 de Decembro ás 18.00h . As entradas xa están á venta en Ticketea.com

Novembro 2018 SHREK O MUSICAL é a primeira adaptación OFICIAL da productora DreamWorks que fai ó galego da man de Coda TM.  Chega a Lugo a representación da oscarizada película de DreamWorks, baseada nos personaxes do libro ‘Shrek’ de William Steig, que leva ós escearios a divertida historia dun gran ogro verde que se embarca nunha viaxe que lle cambiará a vida co fin de reclamar a identidade da sua terra. Será o sábado 22/12 no Auditorio e as entradas xa se poden mercar en ticketea

É un espectáculo do que van a poder disfrutar tanto nenos como adultos, onde se amosarán valores como a aceptación e o amor por un mesmo, a amizade, a como afrontamos os estereotipos e as diferencias e o valor que impregnan as letras e esceas de este espectáculo cheo de maxia e sorpresas para toda a familia.

É un espectáculo familiar moi divertido, con moitos “gags” que fan rír ó espectador. O musical contará cunha escenografía “absolutamente brutal” que incluirá varios cambios de decorados e un desplegue técnico impactante, contará con Banda de Músicos en directo e un coro de mais de 30 persoas. Ten unha duración aproximada de dúas horas.

CODA TM (Teatro Musical)

Directo dende Broadway e do West End de Londres chega a Galicia o musical Shrek, ideada por Dreamworks Theatricals e producida enteiramente na nosa terra por CODA TM.

Dende Vilagarcía, Coda TM leva a cabo espectáculos de gran calidade adaptados en galego e para todolos públicos.

Coda caracteríazase pola producción de musicais de gran formato, apostando pola música e voces en directo, deixando un público cautivado pola beleza das adaptacións das historias orixinais, a excelente música composta para cada unha delas, a atención dos detalles, o ritmo, a creatividade e o deseño xeral .

SINOPSE

Shrek, o ogro máis carismático e famoso do cine de animación enfréntase xunto ó seu amigo Burro, ó desafío de rescatar á bela princesa Fiona da torre na que está encerrada fai anos e vixiada por una temible e romántica dragona.

Lord Farquaad, rexidor de Duloc –pobo aburrido e perfecto onde ninguén é “distinto”- necesita casarse cunha princesa para convertirse en rei e encárgalle a Shrek a misión de rescatar e levarlle a princesa elexida a cambio de darlle para sempre a posesión da súa lameira para vivir en paz e so de por vida.

Tanto Shrek como todos os entrañables personaxes de contos de fadas son perseguidos e desterrados polo exército de Farquaad, que os chama despectivamente “frikis”, e os desprecia por ser diferentes. Pinocho laméntase xunto cos seus amigos pola mala sorte, ata que ó final, todos descobren a verdadeira fortaleza está na diferencia e na aceptación da propia identidade.

Cando Shrek descobre esa fortaleza en sí mesmo, comeza a creer que a pesar de ser un ogro, pode lograr cumprir os seus soños, e tal vez –por que non- ser merecedor do amor de Fiona, unha princesa encantadora, soñadora e sorprendente. ¿un ogro e unha princesa? ¿É tan descabellado pensar nunha historia de amor que rompa con todolos códigos de perfección dos clásicos contos de fadas?

Shrek O musical, conta cunha historia poderosa onde a ficción e a realidade cotiá crúzanse constantemente para dar un marco posible á historia de amor máis verdadeira e menos pensada, onde a aceptación do outro, coas súas luces e sombras, é a chave máxica para encontrar o amor, a amizade e a felicidade.