Presentación de Poeta en Nova Iork de Lorca en Lugo
Presentación de Poeta en Nova Iork. A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, xunto coa directora Paloma Lugilde e Fran Núñez, director do Centro Dramático Galego. Á presentación acudiu tamén o elenco da obra, formado polas lucenses Sabela Eiriz e María Roja, xunto con Sergio Zearreta.

A nova compañía lucense Teatro Baixo da Area estrease en Lugo coa primeira tradución ao galego de «Poeta en Nova Iork» de Lorca. Tras unha residencia no Salón Teatro do Centro Dramático Galego – CDG – Salón Teatro-  están listos para estrear os días mércores 29 e xoves 30 de xaneiro no Auditorio Municipal Gustavo Freire.

A obra conta coa dirección de Paloma Lugilde (Pomba Luxilde) e interpretación a cargo de María Roja, Sergio Zearreta e Sabela Eiriz
e debido á posta en escena as entradas están limitadas a 110 persoas – xa que estarán sentadas no propio escenario mentres transcurre a función, vivindoa así de forma aínda máis intensa – 

Entradas: as entradas poderán adquirirse no portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo até 3 horas antes do comezo de cada función, e unha hora e media antes do comezo do espectáculo no auditorio.

Dentro da Programación teatral do Auditorio Gustavo Freire no 2020

 

“POETA EN NOVA YORK”
Cartel de Teatro: Poeta en Nova York no Auditorio Gustavo Freire