Xuño comeza con Microefectos Dramatúrxicos no Clavi. Os pases terán lugar este xoves 2, venres 3 e sábado 4 de xuño nos seguintes horarios: 20:30 e 22:30 horas

Nada mellor que comezar xuño no Clavi con  Microefectos Dramatúrxicos que logo de tres meses dende a sesión de marzo os regresan este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30. Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://www.woutick.es/evento/12148/entradas-microefectos-dramaturxicos.

Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira.

O grupo, que cumpriu nove anos durante o mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns 15 minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.

PEZAS

Influenza Escribe e dirixe: Conchi Madrina. Interpretan: Anxo Manoel, María Grandío, Raquel López Cendán e Conchi Madrina.

Corre! Escribe e dirixe: Anxo Manoel. Interpretan: Brais García, Brian Rodríguez e Anxo Manoel.

Declaración Alfa Orión -Ou de como recuperar o brillo– Escribe e dirixe María Grandío. Interpretan: Anxo Manoel, Brian Rodríguez e María Grandío.

Mentiras eu peno Escribe e dirixe: Brais García. Interpretan: Raquel López Cendán, Brian Rodríguez, Brais García e Isa Herrero.