1.520 películas, entre longametraxes e curtametraxes, queren participar na Semana de Cine de Lugo
O Grupo fotocinematográfico Fonmiñá está a traballar desde o comezo de 2020 na organización da edición número 42 da Semana de Cine de Lugo, volvendo a Xunta Directiva a reunirse quincenalmente, unha vez superado o período de confinamento establecido pola pandemia da Covid19.
Rematado o prazo establecido para a recepción de películas, Fonmiñá recibíu un total de 1.520 longametraxes e curtametraxes, prácticamente de todo mundo, das que se están a seleccionar as que van figurar na programación oficial da próxima Semana.
Non están decididas, nestes momentos, as datas nas que vai poder celebrarse, nas condicións axeitadas, a Semana de Cine 2020, continuando o traballo de organización, deixando pendente este extremo, segundo as circunstancias sanitarias e de acordo coas institucións copatrocinadoras.
Nas actuais circunstancias, agardando pola evolución da pandemia, non parece oportuno manter as datas previstas do mes de setembro para esta celebración, agardando que segundo evolucione o tema durante o verán, se poida determinar cando e como poderemos celebrar esta XLII SEMANA DE CINE DE LUGO.