Cartel anunciador Semana de Cine de Lugo 2020 -

A XLII Semana de Cine de Lugo, xa ten cartel anunciador. Trátase dunha creación fotográfica de Eduardo Rodríguez Ochoa, responsable de fotografía do Grupo Cinematográfico Fonmiñá.

A Semana, que organiza Fonmiñá desde o seu comezo en 1979, vaise celebrar do 21 ao 27 do próximo mes de setembro, conta co apoio da Deputación Provincial, Concello de Lugo, Xunta de Galicia e Universidade de Compostela-Campus de Lugo.

Xa están dispoñibles na web oficial da Semana de Cine de Lugo as bases da convocatoria – tamén en español e en inglés – para participar nesta edición. Esta convocatoria xa está operativa nas plataformas dixitais FESTHOME e CLICK FOR FESTIVALS, para a presentación de películas.