Entre as películas programadas no mes de decembro polo Clube Cultural Valle Inclán está «Sinónimos», a mellor película do Festival de Berlín 2019, unha gran ocasión para desfrutar do mellor cine en Lugo.
Sinónimos / Día 2 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. É preciso reservar entrada no correo-e cultura.lugo@usc.es, indicando nome, apelidos, DNI e nº de teléfono
Director: Nadav Lapid
País: Alemaña, Francia, Israel
Ano: 2019
Xénero: Drama. Comedia | Inmigración
Duración: 123 minutos
Produción: Komplizen Film, SBS Films, Pie Films, Arte France Cinéma
Guión: Nadav Lapid, Haim Lapid
Dirección de Fotografía: Shai Goldman
Montaxe: Neta Braun, François Gédigier, Era Lapid
INTÉRPRETES: Tom Mercier, Quentin Dolmaire, Louise Chevillotte, Uria Hayik, Olivier Loustau, Yehuda Almagor, Gaya Von Schwarze, Gal Amitai, Idan Ashkenazi, Dolev Ohana, Liron Baranes, Erwan Ribard, Yawen Ribard, Iman Amara-Korba, Sébastien Robinet, Damien Carlet.
SINOPSE:
Cunha posta en escena enérxica e corporal, e unha visión implacable sobre a violencia estatal israelí, Lapid (La profesora de parvulario) levou moi doadamente o Oso de Ouro na Berlinale. E é que esta historia (autobiográfica) de morte e resurrección non dá puntada sen nó. Nada máis chegar a París, Yoav queda literalmente nu, sen posesións nin identidade. Renace así de cero, renegando do Israel e do hebreo, e establece unha encerellada e sensual relación cos benefactores Émile (Quentin Dolmaire, A Violent Desire for Joy) e a súa moza Caroline (Louise Chevillotte, Amante por un día).
VOSE.
PREMIOS: 2019: Festival de Berlín: Oso de Ouro (mellor película) e Premio FIPRESCI 2019: Festival de Sevilla: Mellor dirección
Fourteen / Día 9 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. É preciso reservar entrada no correo-e cultura.lugo@usc.es, indicando nome, apelidos, DNI e nº de teléfono
Director: Dan Sallitt
País: Estados Unidos
Ano: 2019
Xénero: Drama | Amistad. Cine independiente USA
Duración: 94 minutos
Produción: Static Prods
Guión: Dan Sallitt
Dirección de Fotografía: Christopher Messina
Montaxe: Dan Sallitt
INTÉRPRETES: Tallie Medel, Norma Kuhling, Lorelei Romani, C. Mason Wells, Dylan McCormick, Kolyn Brown, Willy McGee, Scott Friend, Evan Davis, Ben Sloane, Caroline Luft, Strawn Bovee, Solya Spiegel, Aundrea Fares, Michael Wetherbee, A. S. Hamrah, Vadim Rizov, Ly
SINOPSE: A amizade ao longo dunha década entre Jo (Norma Kuhling) e Mara (Tallie Medel) representa un novo e apaixonante capítulo na serie de retratos de “relacións desiguais” que poboan a obra de Dan Sallitt. O contraste entre a busca da estabilidade de Mara e o progresivo mergullo no caos de Jo vertebra este meticuloso estudo de personaxes, con que Sallitt volve a sacar petróleo das observacións cotiás e dunha posta en escena diáfana, cargada de emoción contida. (Catálogo Filmadrd 2019). VOSE.
BsAs / Día 16 de Decembro. Hora: 20:00 / Salón de Actos da Casa do Saber, Vicerreitorado. É preciso reservar entrada no correo-e cultura.lugo@usc.es, indicando nome, apelidos, DNI e nº de teléfono
Director: Alberte Pagán
País: España
Ano: 2006
Xénero: Documental
Duración: 79 minutos
Produción: Alberte Pagán
Guión: Alberte Pagán
Dirección de Fotografía: Alberte Pagán
Montaxe: Alberte Pagán
INTÉRPRETES: Documental (intervencións de: Gloria González, Jesvil Mahil, Conce Paz, María Vázquez, Pepe Vázquez)
SINOPSE:
Galegos empurrados pola fame cun destino: Bos Aires. Os avós xa non existen, mais quedan xeracións de netos que tentan facer o camiño inverso. A partir de fotografías familiares, lembranzas e retrincos de memoria histórica, unha reflexión sobre a emigración, os lazos que atan continentes e a propia relación con Galicia. Participante no seu día na prestixiosa sección “Llendes”, dentro do Festival de Cine de Gijón, é a primeira longametraxe deste excelente especialista en cine experimental.
VOG.