Nova semana de cinema de autor nos Codex Cinema.

Nova semana de cinema de autor nos Codex Cinema con dúas estreas: «Estaba na casa, pero…» e «The Father»

O filme búlgaro THE FATHER, de Kristina Grozeva e Petar Valchanov gañou o premio á mellor película no Festival de Karlovy Vary, un dos máis antigos de Europa. Trátase dunha agresiva comedia sen complexos sobre as relacións persoais e as dificultades para aceptar as diferentes etapas da vida.

Sinopse: Un día despois do pasamento de Valentina, o seu home Vassil e o seu fillo Pavel descobren que ela trata de chamar a súa veciña por teléfono. Como fanático do sobrenatural, Vassil comeza unha viaxe para visitar un famoso médium que o axude a contactar coa súa muller, obrigando ao seu fillo Pavel a acompañalo e asegurarse de que o seu pai se manteña fora de perigo.

ESTABA NA CASA, PERO… de Angela Schanelec, unha das directoras máis persoais e reputadas do cinema europeo dos últimos 20 anos premio á mellor dirección no festival de Berlin de 2019.

Sinopse: Astrid vive en Berlín canda os seus dous fillos, Flo e Phillip. Tras a morte do seu home, un famoso director de teatro, tenta recompoñer a súa vida e superar a súa ausencia. Na intimidade, a familia libra unha loita cotiá onde as actividades máis simples se converten en retos inesperados: a compra dunha bicicleta, un baño na piscina ou unha representación escolar de Hamlet. O fráxil equilibro derrúbase cando Phillip foxe de casa…