Cris Collazo interpreta na Casa do Saber ‘María Pita. Conversas cunha heroína’

A actriz silledense Cris Collazo ofrecerá este luns 14 de setembro, a partir das 20.30 horas, no auditorio da Casa do Saber de Lugo, o monólogo cómico ‘María Pita. Conversas cunha heroína’ no marco das burbullas creativas promovidas ao abeiro do convenio Lugo Cultural.

Moito humor para amosar as semellanzas que existen entre María Pita e unha árbitra de fútbol actual e do mesmo nome contando os obstáculos que tiveron que facer fronte ao longo das súas vidas por ser mulleres.

O aforo para presenciar este espectáculo está limitado a un máximo de 30 persoas, a fin de dar cumprimento así á normativa sociosanitaria vixente por mor da pandemia provocada pola COVID-19. As persoas interesadas en acudir como público a este monólogo poderán retirar de balde os convites este venres 10 de setembro na Vicerreitoría de Coordinación de Lugo. O horario de retirada de entradas é de 10.00 a 13.30 horas.