As películas a concurso na 42 Semana de Cine de Lugo son as seguintes:

FENDAS (2019)
Brasil/80 minutos/VOSE

LUNS 23/11 – 19:00 – GUSTAVO FREIRE

Catarina é investigadora no campo da física cuántica recén chegada á rexión de río Grande do Norte en Brasil. Catarina traballa no Instituto Internacional de Física e investiga os espazos sonoros na imaxe. A inmersión na súa investigación é, ao mesmo tempo, unha inmersión na súa vida. Catarina está en constante movemento. E neste fluxo, o pasado, o presente e o futuro converxen, dándonos a dimensión do seu universo subxectivo.

AS MORTES/ LAS MUERTES (2019)
Chile-España/75 minutos/GALEGO

LUNS 23/11 – 21:00 – GUSTAVO FREIRE

Maruxa e Roxelio viven nun pequeno pobo galego. Roxelio non coñece a Maruxa. Maruxa non coñece a Roxelio. Roxelio matou a Pilar. Maruxa tamén.
Películas a concurso na Semana de Cine de Lugo
1100, A PUNTO DE EXPLOTAR (2019)
Argentina/93 minutos/Castelán.

MARTES 24/11 – 19:00 – GUSTAVO FREIRE

Leo está en crise coa súa parella, Lorena, e traballa doce horas por día como chofer de taxi na cidade de Rosario. A cidade está cambiando (está medrando vertixinosamente) e iso amólao. De imprevisto un pasaxeiro desmáiase dentro do seu taxi. Leo lévao ao hospital e logo atopa dentro do seu vehículo un paquete esquecido.

Durante o resto do día, mentres traballa, busca devolvelo. Nas rúas da tensa cidade, crúzase con situacións que agudizan o seu profundo malestar.
Sempre se contivo, agora parece a punto de explotar.

EL DESEO DE ANA (2019)
México/80 minutos/Castelán

MARTES 24/11 – 21:00 – GUSTAVO FREIRE

Director: Emilio Santoyo
Produtora: Anomia/Invicta Films
Guión: Emilio Santoyo, Gabriela Vidal
Fotografía: Flavia Martinez
Intérpretes: Laura Agorreca, David Calderón
León, Ian Garcia Monterrubio, Simone Bucio,
Emmanuel Varela

Ana vive co seu fillo Mateo nun apartamento de clase media da Cidade de México. A rutina familiar dá un xiro
cando Juan chega a visitalos despois de varios anos de ausencia. O reencontro desata recordos e segredos do pasado que Ana terá que confrontar para buscar, ao fin, a tranquilidade que se lle negou por tanto tempo.

MAQUIS (2019)
España/105 minutos/Castelán.

MÉRCORES 25/11 – 19:00 – GUSTAVO FREIRE

España, 1949. Dez anos despois do final da Guerra Civil, mentres os maquis seguen loitando no monte contra o fascismo, no chan as mulleres sofren a represión. En cada casa hai n conflito do que ninguén quere falar; algunhas prefiren esquecer e outras seguir loitando.

LA MALA NOCHE (2019)
Ecuador/95 minutos/Castelán.

MÉRCORES 25/11 – 21:00 – GUSTAVO FREIRE

Unha fermosa muller prostitúese. Debe entregar os seus ingresos ao xefe dunha mafia de trata de persoas, pero a enfermidade da súa filla e a adicción a unha droga de farmacia impídenlle ser tan cumprida coma sempre. Un evento inesperado daralle a oportunidade de deixar de obedecer e tomar a xustiza polas súas mans.

EL DESENTIERRO (2019)
Argentina/105 minutos/Castelán

VENRES 27/11 – 19:00 – GUSTAVO FREIRE

Unha parella e un neno escapan cara ao norte arxentino cun botín de dólares e quedan varados en Jujuy. A relación da parella deteriórase, o neno pérdese no entroido de Humahuaca e a traizón agardará escondida no diaño entroideiro.

Unha road movie latinoamericana dirixida ao típico Entroido de Humahuaca, onde esta antiga festa celebrada polos nativos, cambiará a vida dunha parella e un neno.

DÉRIVE/ THE FAR SHORES (2018)
Canada/104 minutos/VOSE

VENRES 27/11 – 21:00 – GUSTAVO FREIRE

André morre en misteriosas circunstancias e a súa muller e as dúas fillas do matrimonio fican soas. As tres terán que aprender a medrar xuntas e facer fronte a unha verdade para a que non están preparadas.

O título orixinal deste filme canadense é Dérive, e certamente a verba “deriva” reflicte moito mellor o estado emocional de todas e cada un das pezas que compoñen o trío protagonista de mulleres de diversas xeracións que aparecen no filme. Deriva pola desaparición da figura paterna, pero tamén derivas afectivas, económicas, derivas violentas e sen asomos de solución. As personaxes do filme están tomando a cada momento decisión erróneas das que se aproveita a xente da súa contorna (maiormente homes), pero, aínda por encima, non existe unha liberación para o espectador, porque non hai reacción a maioría das veces por parte
destas mulleres. O cinema está frecuentemente para desafogarnos e arranxar o que non funciona no mundo por medio de relatos heroicos. Aquí hai pouco disto, e por iso todo doe un chisco máis, todo é un chisco máis real.

ALEKSI (2018)
Croacia/90 min./VOSE.

Aleksi é a típica nena ben que, tras varios intentos de estudos e prácticas no estranxeiro, volve á casa dos seus pais. Mentres evita traballar na empresa de viño familiar e espera a resposta á súa última solicitude de prácticas en Berlín, pasa o tempo facéndose a fotógrafa abstracta, pasando o tempo coa súa prima Lea e sopesando perspectivas de relación con tres homes moi diferentes.

O primeiro, Goran, é un músico local polo que sente unha atracción inmediata, pero cuxas ideas conservadoras sobre roles de relación a espantan. Logo temos un playboy máis maduro e rico, Tony, que a
leva en barco e lle dá a mellor cocaína, pero que non parece querer nada máis serio. Finalmente, está un fotógrafo coma ela, Chris, un estadounidense que coñeceu de casualidade nun ferry co que comparte intereses, pero cuxa actitude demasiado bondadosa elimina a maxia.

EU TAMÉN NECESITO AMAR (2019)
España/69 minutos/Galego.

O documental está baseado na vida (íntima) da nai do cineasta. De aí varios testemuños de mulleres de diferentes ámbitos relatan as súas historias persoais que remataron levando ao matrimonio … ou non.

Despois da morte accidental de Pura, a protagonista, sen
ter gravado ningunha entrevista, o autor elixe por asumir o papel de narradora baseándose no que contou, deixando a parte final como monólogo na súa memoria, que é a de tantas mulleres nacidas ao redor da Guerra Civil, como se viu ao longo do documental.

O que se buscaba inicialmente era ver como influía a moral institucional e relixiosa. Algúns dos mecanismos que empregaron, como a Sección de Mulleres e a propia Igrexa, socavaron o crecemento íntimo da muller durante os tempos da ditadura.

Pouco a pouco decatámonos de que o poder do brazo feminino da falanxe se diluía dentro do interior con mensaxes da propia igrexa e foi isto, xa que non había grupos SF en todas as poboacións, o que tomou o mando sobre as mulleres ata facelas odiar o seu propio corpo e intelixencia en beneficio, especialmente, dos homes.

A entrada en todas e nas distintas sedes será libre e de balde até completar aforo. Dacordo co protocolo sanitario que dicte o Convid-19.
Reserva de entradas en: https://2020.semanadecinedelugo.com/gl