A Orquestra Sinfónica de Galicia en concerto
6 de xuño de 2025 – Círculo das Artes – 20:00 h
Roberto González-Monjas, violín e director
Programa:
W. A. Mozart
Concerto para violín nº 4 en re maior, K 218
Rondó en do maior, K 373
Concerto para violín nº 5 en La maior, K 219
Moi solicitado tanto como director de orquestra como pola súa faceta de violinista, Roberto González-Monjas e director musical da Orquestra Sinfónica de Galicia dende setembro de 2023.
Roberto tamén é director titular e asesor artístico de Dalasinfoniettan en Suecia (dende a tempada 2019/20); director titular de Musikkollegium Winterthur en Suíza (dende a tempada 2021/22); principal director convidado da Orquestra Nacional Belga (dende a tempada 2022/23); e director artístico de Iberacademy en Colombia.
Cun repertorio impresionantemente ecléctico e amplo, algúns dos proxectos emblemáticos de Roberto inclúen a gravación de serenatas de Mozart coa Mozarteumorchester de Salzburgo, a interpretación do Concerto para violín de Esa Pekka Salonen coa Orchestre Nationale D’Île de France, a unión do Musikkollegium Winterthur, Iberacademy e oitenta mozos bailaríns para varias representacións da obra A consagración da primavera de Stravinski, ademais da estrea do Concerto para violín Colorfields de Richard Dubugnon e da presentación dunha nova posta en escena do Réquiem de Mozart co director de escena Stéphane Braunschweig na Ópera de Bordeos, só por nomear algúns dos devanditos proxectos.
Roberto foi concertino da Orchestra dell’Accademia Nazionale di Santa Cecilia durante seis anos e como director do Musikkollegium Winterthur ata o verán de 2021. Toca un violín Giuseppe Guarnieri «filius Andreae» de 1710 que amablemente lle prestaron cinco familias de Winterthur e a Fundación Rychenberg.
ENTRADAS
Venda de entradas para non socios: Oficinas do Círculo das Artes
Entradas para non socios: 20 €
Entradas estudantes: 5 €* (*menores de edad entrada gratuita)
Pódense reservar entradas escribindo a: filarmonicadelugo@gmail.com (A reserva non é obligatoria)
Alta de socios e información tamén en: filarmonicadelugo@gmail.com
Descarga aquí o formulario de alta de socios e envíao a filarmonicadelugo@gmail.com