8.3 C
Lugo
Sáb, 21 Dic 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

«A Outra Patria» performance poética do Galego de Caracas

18 de diciembre - 18:00

«A Outra Patria» performance poética do Galego de Caracas

Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es

O Museo Provincial de Lugo acollerá o próximo 18 de decembro, ás 18:00 horas, a performance poética “A Outra Patria“, unha proposta escénica de Simón Rodríguez Landaeta, coñecido como O Galego de Caracas.

Este evento enmárcase na celebración do Día Internacional do Migrante, baixo o lema “Xuntas e Xuntos na Diversidade: Por un Mundo Máis Humano“, organizado pola Asociación Rioplatenses de Lugo e a Rede Museística Provincial.

“A Outra Patria” é unha extensión escénica do poemario homónimo, publicado en 2024 por Medulia Editorial, co que o autor ofrece unha experiencia inmersiva de poesía viva.

A través da súa actuación, O Galego de Caracas pon voz e corpo a versos que reflexionan sobre a experiencia migratoria, as mudanzas identitarias e o impacto cultural do desprazamento.

Simón Antonio Rodríguez Landaeta, alias O Galego de Caracas

Creador multidisciplinar que combina poesía, spoken word e rap. Nado en Venezuela e neto de galegos, a súa traxectoria está marcada pola migración e o vínculo coas súas raíces. Tras rematar a Licenciatura en Letras, emigrou a Lugo en 2019 grazas ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior da Xunta de Galicia, onde cursou o Máster en Servizos Culturais da USC.

Dende entón, aprendeu galego e converteuse nun destacado divulgador intercultural a través das súas redes sociais como @galegodecaracas.

A súa obra foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía O Facho (2023) e o seu libro A Outra Patria consolidouno como unha das voces emerxentes da literatura galega contemporánea.

No ámbito escénico, participou en competicións como o Bóveda Slam Poetry, representando a Galicia no Poetry Slam España 2024, e chegou á final do Premio Nacional de Poesía Viva #LdeLírica en Madrid. Ademais, subiu aos escenarios de festivais como o Castelo Conta, o Festival Maré ou o Ceiba Rimas, combinando poesía e rap para transmitir o seu potente discurso intercultural.

Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
18 de diciembre
Hora:
18:00
Categoría del Evento:

Local

Museo Provincial de Lugo
Praza da Soidade, s/n
Lugo, 27001
+ Google Map
Teléfono
982 24 21 12
Ver la web del Local