5 C
Lugo
Mar, 15 Abr 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Actividades polos Días Europeos da Artesanía 2025

4 de abril - 6 de abril

Actividades polos Días Europeos da Artesanía 2025

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través da área de Artesanía, súmase á celebración dos Días Europeos da Artesanía cun programa de demostracións participativas que se realizarán do venres 4 ao domingo 6 de abril na Capela de Santa María.

As actividades desenvolveranse en horario de mañá -de 9.30 a 14.00 horas – e tarde -de 17.00 a 20 horas – con asistencia libre e gratuíta.

Durante estas xornadas, o recinto acollerá tamén unha mostra de pezas do artesán do coiro José Ramón Lleó Fissure, do obradoiro ”Rappa”, como homenaxe e recoñecemento á súa traxectoria.

4 de abril

Coiro “Bolboretas de coiro” con Mercedes Buján

• Exposición de pezas decorativas realizadas no taller
• Mostras de diferentes aplicacións dos trenzados en pezas acabadas
• Demostración participativa na que os asistentes poderán participar na elaboración dunha pequena peza (pulseira, chaveiro) e levala como agasallo.

Cerámica “ La bellota mágica” con Inmaculada Díaz Cabado

• Mostrario de ferramentas de uso diario
• Exposición de pezas elaboradas e pintadas a man.
• Actividade diaria do obradoiro coas diferentes técnicas
• Demostración participativa nas que os asistentes poderán experimentar a súa creatividade.

Tear “Fusaiola” con Lourdes Otero Mato y Miriam Fernández Otero

• Mostrario de pezas elaboradas no tear con distintos debuxos e remates
• Montaxe de tear de alto e baixo lizo
• Mostra das ferramentas empregadas no labor
• Demostración participativa en tear de baixo lizo

5 de abril

Coiro “Tres caracoles” con Ana Novo Barreiro

• Mostrario de diferentes tipos de peles, ferramentas , tinturas e exposición de pezas
• Proceso completo de elaboración dun cinto
• Tinguidura con muñequilla
• Demostración participativa de elaboración de follas de coiro na que o público poderá intervir e levar a sùa folla como agasallo.

Cartón pedra “Portomeñecos” con Marga Portomeñe

• Obradoiro de confección de bonecos especializado en imaxes festivas, xigantes e cabezudos, máscaras e atrezzo teatral en papel maché.
• Demostración profesional – Procesos construtivos dun cabezudo. (modelado en barro, construción de moldes, tirado de cartón, unión, lixado, revoco e pintura)
• Demostración participativa na que o público asistente poderá fabricar unha máscara en papel maché.

Autómatas de madeira: “Enxógate” con Antonio Fernández Vicenti

• Fabricación dun autómata de madeira, dende o tallado e pintado das pezas, ata a fabricación e montaxe dos mecanismos para o seu funcionamento.

• Exposición de automátas de distintos tamaños e complexidade.

• Demostración participativa para a creación dun autómata sinxelo con
materiais cotiás

6 de abril

Cerámica: “Ceniza de papel” con MªJosefa Sánchez Castedo

• Mostrario individiual de ferramentas que usamos no noso día a día.
• Exposición e demostración dun día a día no obradoiro.
• Demostración participativa para a creación dunha cunca no torno e a decoración da mesma en cru

Coiro : “LeCOOp” con Victor Manuel Montero Fernández

• Exposición de traballos realizados no taller
• Mostrario de ferramentas propias do traballo
• Demostración do proceso para a fabricación dun bolso
• Demostración participativa para a elaboración dun marcapáxinas

Coiro: “Mimacuir” con Sonia Argiz

• Exposición de traballos realizados no taller
• Mostrario de ferramentas propias do traballo
• Demostración do proceso para a fabricación dun bolso • Demostración
participativa para a elaboración dun marcapáxinas

Obradoiros de cestería no Espazo Permacultural de Reque

Tamén dentro da programación organizada no marco dos Días Europeos de Artesanía,  o espazo permacultural Lugar de Reque acolle durante esta semana obradoiros de cestería con Beatriz Valín, Lola Tourón e María Folgueira. Son, neste caso, actividades que requerían inscrición previa e para as que se cubriron as 50 prazas ofertadas.

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Comienza:
4 de abril
Finaliza:
6 de abril
Categoría del Evento:

Local

Sala de exposicións da Capela de Santa María
Ronda da Muralla, 140
Lugo, Lugo 27004
+ Google Map
Teléfono
982 21 00 66
Ver la web del Local