Amnistía Internacional Lugo – STOP XENOCIDIO!
Os vindeiros 24 e 25 de febreiro celébrase en Bruxelas a reunión do Consello Europeo de Asuntos Exteriores da Unión Europea, na que se abordará, entre outras cuestións, o Acordo de Asociación UE/Israel.
Este acordo é importante porque a UE é o maior socio comercial de Israel (representa ao redor dun terzo das importacións de Israel e unha cuarta parte das súas exportacións).
Para Amnistía Internacional trátase dunha gran oportunidade para esixir á UE que adopte medidas urxentes para poñer fin ao xenocidio en Gaza, a ocupación ilegal do Territorio Palestino Ocupado e o apartheid sobre a poboación palestina. Tamén é unha oportunidade de avanzar no obxectivo de que a UE prohiba o comercio e as inversións que contribúen a manter a dita ocupación ilegal e o apartheid.
Neste momento clave realizaremos unha acción o domingo 23 de febreiro ás 13:00h na Praza Maior de Lugo, consistente na realización dunha fotografía de grupo, de cantas máis persoas mellor.
Para a fotografía utilizaremos pancartas «STOP XENOCIDIO!», así como outras específicas desta acción, como, «UE: NON NO NOSO NOME!». A fotografía difundirémola en redes sociais.
Esperamos contar coa vosa colaboración unha vez máis, e que vos sumedes á fotografía.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte