A escritora burelense presenta o seu último traballo O clan das barbies (Editorial Xerais, publicado en castelán pola editorial Contraluz) na librería Lectocosmos o 15 de novembro ás 19:30.
Esta novela distópica preséntanos un futuro onde a baixa natalidade é unha preocupación global.
Baixo o paraugas desa preocupación, permítense todo tipo de violencias que afectan, sobre todo, ás mulleres e ás clases baixas.
Un encontro fortuito nunha clínica de fertilidade é o punto de partida dunha amizade que xorde da desperación e a carraxe e que leva aos protagonistas polo camiño da vinganza. Porque a violencia nunca é a solución, ata que o é.
Antía Yáñez naceu en Burela no ano 1991. A súa obra, que abarca dende literatura infantil (O misterio de Portomarín) e xuvenil (Be water) ata novela contemporánea para adultos (Non penses nun elefante rosa), foi recoñecida en numerosas ocasión con premios como O Premio Fina Casalderrey, o Premio Agustín Fernández Paz pola Igualdade ou o Premio Illa Nova.
Entrada libre ata completar aforo.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte