
Roteiro «Cartografía da Acollida» Xoves, 18 de decembro
16:15 – 18:30
Saída: Casa María Mariño (Rúa Monte Faro, 2, 27003 Lugo) – Actividade aberta a toda a cidadanía
As persoas interesadas só teñen que achegarse ás 16:15 h á Casa María Mariño.
Remate no Museo Provincial de Lugo, cunha finalización estimada arredor das 18:30 h
A andaina contará con cinco paradas
O pasado mes de setembro, o Museo Provincial de Lugo acolleu o obradoiro Cartografía da Acollida, un taller aberto a toda a comunidade —especialmente ás persoas migrantes— para reflexionar conxuntamente sobre como se constrúe a vida cotiá e que redes se tecen en relación co territorio.
Deste encontro xurdiu un mapa colectivo que revelou que Lugo está chea de lugares que acollen, grazas a persoas que, coa súa maneira de ser e de estar, facilitan a vida doutras e fortalecen a comunidade.
O roteiro deste xoves percorrerá algúns deses espazos significativos e servirá para recoñecer ás persoas que os fixeron merecedores de formar parte do mapa do Lugo que acolle.
Estará guiado polas propias persoas participantes que desenvolveron, nas últimas semanas, esta primeira Cartografía da Acollida da cidade.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte