Belém Tajes en concerto

Club Clavicémbalo de Lugo
17/09/2026
21:30 horas
10 euros en entradium.com
Belém Tajes presenta Amar o mar, o seu primeiro álbum longo, recoñecido co Premio Narf 2025 e editado nun singular formato físico como o primeiro ecodisco galego. Un traballo de forte personalidade que tende pontes entre a música galega e latinoamericana a través dun coidado universo sonoro.
Cantante, compositora e especialista en musicoterapia, Belém Tajes é unha das voces destacadas da canción pop de autora en Galicia. A súa traxectoria comeza nas agrupacións tradicionais, nutríndose tamén dos cantares das súas avoas, naturais de Arou (Camariñas), unha herdanza que segue presente no seu xeito de entender a música. Tras formar parte de proxectos como Luar na Lubre, Vudú, Aliboria e Moura, a artista galego-arxentina inicia o seu camiño en solitario cunha proposta chea de personalidade e identidade propia.
A banda en directo:
Belém Tajes, voz, teclado e percusión
Nico Vieites, guitarra eléctrica, efectos
Cibrán Seixo, violín, baixo pedal
Peter Cunado, programacións e sintetizador

