9.3 C
Lugo
Vie, 22 Nov 2024
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ciclo musical «Os 16 sons creativos»

25 de octubre - 19:30

Ciclo musical «Os 16 sons creativos»

Comeza o venres 25 de outubro, ás 19.30 horas na Casa do Saber do campus de Lugo, con ‘El peregrino’, a Paisaxe Sonora de Luz María Salgueiro e Diego Sanmartín que gañou o premio do xurado 2024.

A continuación haberá un concerto de Inmaculada Cárdenas e Juan Antonio Lleó, que conta coa colaboración do alumno do taller de creación sonora Diego Sanmartín.

Este concerto inclúe a estrea absoluta da peza ‘Interiores’, unha obra mixta estruturada en seis escenas sonoras que traballa a imaxe de vídeo, os sons ambientais e o directo, así como ‘Donde Habito’, unha proposta sonora composta de 3 partes (A mañá, A tarde e A noite) a partir da poesía de Ana Rocha e o seu poemario ‘Donde habitas’.

Esta iniciativa enmárcase dentro da programación artellada ao abeiro do convenio Lugo Cultural e dentro da programación do Outono Cultural

Detalles

Fecha:
25 de octubre
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map