Cine en versión orixinal «Hamnet»

O 25 de febreiro, ás 20.00h, nos Códex Cinema está programado o filme en inglés «Hamnet» (Chloé Zhao, 2025).
E o 3 de marzo, ás 18.00h, a película en galego «Antes de nós» (Ángeles Huerta, 2025).
Unha iniciativa da EOI de Lugo para promover o visionado de películas en versión orixinal na terceira edición de Fonema Cinema.
Para os membros da comunidade escolar da EOI, a entrada ten un prezo reducido de 3 euros e debe ser comprada, preferentemente, a través do departamento correspondente. Para os/as acompañantes e o público xeral, custará 6,90 euros e deberá ser adquirida no propio cine.




























