Circo de Pinocho en Lugo
Carpa Educateatro instalada no Aparcadoiro Río Miño (Xunto Carrefour) | Lugo
14 a 16 de Febreiro 2025
21 a 23 Febreiro 2025
Unha montaxe creada unicamente para representarse en carpa que combina o teatro musical cunha escolma dos números máis clásicos do circo.
Despois de que a Fada Mimadriña convertese a Pinocho nun neno de verdade, o noso protagonista cumpre o seu soño e monta o Circo de Pinocho.
Geppeto será o pallaso, a Fada a trapecista e Pepiño Grilo o mestre de cerimonias, pero… faltan o resto de artistas!
Geppeto construirá os bonecos que realizarán números de corda frouxa, equilibristas, malabarista, acróbatas… e a Fada Mimadriña daralles vida co seu conxuro.
Co que non contaba ninguén é que este mesmo feitizo fará que Pinocho se transforme de novo nun boneco de madeira.
Durante o fantástico espectáculo de circo, Pinocho e Pepiño Grilo terán que atopar á Fada para reverter o conxuro, pero non aparece por ningures. Raptouna a malvada Chinche Chinchón, que está reclutando artistas para o circo da competencia.
Poderán os protagonistas liberala para que Pinocho volva ser un neno de verdade?
Información de interese:
· Duración: 2 horas con descanso de 15 minutos incluído.
· Idioma: Galego
· Non está permitida a entrada de carriños de bebé á sala. Disporase dun parking no vestíbulo do circo.
· As cadeiras de rodas poden acceder tanto ao palco central como ao lateral, seleccionando calquera butaca, que será substituída o día da función.
· As funcións poderán ser canceladas por condicións climatolóxicas moi adversas, seguindo as recomendacións de MeteoGalicia ou Aemet.
· Menores de 24 meses que non ocupen butaca non pagan
Un espectáculo de Educateatro Producións.
Entradas: Ataquilla
Axenda Cultural de Lugo:
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte