Mércores 30 de outubro – 12:30 horas- Facultade de Humanidades – aberto ao público en xeral
«A xestión de proxectos musicais: experiencias prácticas desde o interior da industria».
Contará coa participación de dous profesionais destacados do sector musical: Andrés Rivero, xestor de @latexopercusion, e Manuel Lucas, xestor da banda @deninghures. Moderado polo profesor Raul Rios.
Os convidados compartirán as súas experiencias sobre como xestionar proxectos musicais, afondando en aspectos como a distribución de música en diferentes formatos, a relación coas administracións públicas, a profesionalización dos músicos ou a importancia das redes sociais.
Tamén se falará sobre cales son os ingresos e os custos dun proxecto musical, ou se debaterá sobre as vantaxes e inconvenientes da autoxestión fronte á contratación de servizos de profesionais especializados.
Este coloquio será unha excelente oportunidade para o alumnado e o público asistente para coñecer de primeira man as dinámicas e retos da industria musical.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte