Cómo construir unha páxina de servizos que xere confianza (e clientes)

«Ter unha páxina de servizos non significa que che contacten.
Na charla veremos que é o que fai que unha páxina de servizos xere confianza de verdade… e por que moitas non o conseguen aínda que estean ben deseñadas.
Falaremos de como definir un servizo, como comunicalo desde o punto de vista do cliente e que elementos son clave para que unha persoa pase de interesada a dar o paso: escribirche, pedirche orzamento ou contratarte.
Porque a páxina de servizos non é para falar do que fas, senón de que a outra persoa entenda por que debería escollerte a ti.
Terá lugar o vindeiro mércores día 29 de abril a partir das 19:00 horas no Vello Cárcere (Praza da Constitución, s/n), todo conducido por Mónica Saavedra, programadora web freelance.
A continuación, e xusto ao rematar o evento, terá lugar o noso habitual networking acompañado duns petiscos grazas ao noso patrocinador da Meetup LucusHost.» Wordpress Lugo

























