Praza Maior, diante da Casa do Concello, o martes 10 de decembro ás 20 h.
«Nuns días, o 10 de decembro, celebraremos un ano máis o Día Internacional dos Dereitos Humanos, unha data crucial para lembrar a importancia de defender a dignidade e o respecto por todas as persoas en todo o mundo.
Lamentablemente, neste mesmo momento, en Gaza estase a cometer un xenocidio contra a poboación palestina que non podemos ignorar.
Para comprender a magnitude e o impacto nos dereitos humanos, un dato: os ataques israelís contra obxectivos civís en Gaza causaron a morte de máis de 13.000 nenas e nenos.
Como mostra de solidariedade coas vítimas e para esixir a Israel que poña fin ao xenocidio, o grupo de Lugo de Amnistía Internacional chama a participar na concentración que terá lugar na Praza Maior, diante da Casa do Concello, o martes 10 de decembro ás 20 h.
Non podemos permanecer impasibles diante destas atrocidades. Xuntas e xuntos, podemos conseguir que a nosa voz sexa máis forte.»
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte